Dámosvos a benvida a Tres Portas, a morada do viño
A través deste novo proxecto, situado no corazón da Ribeira Sacra queremos compartir o noso amor polos viños e a gastronomía galega. Para conseguir unha experiencia completa, poñemos a vosa disposición o noso hotel, no que poderedes gozar dun auténtico momento de relax.
A Nosa Filosofía
Creemos na combinación de tradición e innovación, celebrando a riqueza gastronómica e vitivinícola de Galicia. A calidade excepcional dos produtos locais e dos viños da terra son unha das nosas señas de identidade, apoiando aos pequenos produtores e respectando o medio ambiente.
Buscamos ofrecer unha experiencia completa que fusiona sabores auténticos e viños seleccionados con moito esmero, nun entorno único e acolledor,
Os nosos produtores
Queremos apooiar a labor dos pequenos produtores de Galicia. A nosa filosofía baséase en apoiar e dar visibilidade a aqueles que traballan de maneira respectuosa co medio ambiente, utilizando métodos tradicionais. Cada copa que servimos reflicte a paixón e o coidado dos viticultores locais, permitindo aos nosos visitantes descubrir e gozar dos sabores auténticos e únicos da nosa terra.












