Nós

Detrás do proxecto de Tres Portas estamos nós, Maite e Nando. Somos de Escairón e entre outras moitas cousas, únenos a nosa paixón pola gastronomía e o viño da terra.

Despois de anos soñando crear un lugar no que se combinasen estes tres elementos, nace Tres Portas, un destino único que o ten todo. Queriamos crear un espazo nunha contorna idílico, no que os nosos visitantes puidesen gozar da mellor gastronomía, viños excepcionais e unha gran variedade de actividades.

Os nosos espazos


En Tres Portas, atoparás unha casa restaurada que alberga unha brasería, unha taberna, unha adega e un hotel, todo deseñado para brindarche unha experiencia inesquecible.

A nosa brasería e taberna ofrecen o mellor da cociña galega, combinando ingredientes locais de alta calidade cunha fusión de técnicas tradicionais e innovadoras. Somos expertos en viños e nos enorgullecemos de ofrecer unha ampla selección dos mellores caldos da rexión e do mundo. Ademáis, no noso hotel contarás cas mellores instalacións nun entorno inigualable.

O noso obxectivo é que sintas tan a gusto que queiras volver unha e outra vez, e seguir descubrindo todo o que este lugar único ten para ofrecer.